As Rasas

Un novo proxecto de Custodia do Territorio: As Rasas (Gondomar)

Posted on

Outra vez aquí despois dun longo período de silencio, que non de inactividade, para dar conta das novedades acaecidas no Proxecto Verdeval.

Cumprido sin éxito o pIMG_1442razo marcado para levar adiante a compra dunha tomada no Galiñeiro, decidimos cambiar de rumbo. Iniciamos conversas coas Comunidades de montes en man común para ver a posibilidade de establecer convenios de colaboración para xestionar algunha parcela da súa propiedade baixo os criterios de custodia do territorio.

Até hoxe acordamos coa Comunidade Couso a xestión dunha parcela de aproximadamente 7 hectáreas no barrio das Rasas, en Gondomar. Tamén estamos en conversas, que cremos chegarán a dar froito, coa Comunidade de Peitieiros (Gondomar) para xestionar dúas parcelas da súa propiedade.

IMG_1444

Simultáneamente colaboramos coa Comunidade de montes de Couso na realización de traballos de monda e poda de castiñeiros e carballos na Valgada de… eliminando de paso invasoras (acacias).

Agora mesmo estamos nun proceso de realización de catas no solo do Chan da Mamonda, zona que foi utilizada no pasado como vertedoiro de materiais inertes, para valorar a necesidade de plantar especies arbóreas que poidan mellorar a súa calidade e aumentar a biodiversidade.

Sentada esa base e como proxecto de futuro poñeremos o acento na divulgación orientada ás escolas do Val Miñor e a utilización do espazo sobre todo como sendeiro fluvial, ao pasar un río pola súa parte baixa.

Como se pode apreciar, estamos metidos nunha iniciativa que estimamos interesante e ilusionante, para a IMG_1446que compren máis vontades e brazos.

Calquera persoa que queira colaborar fadendose socia (cota 30, 50 ou 70 euros ano) será benvida.