Latest Event Updates

Presentación de Verdeval en Vigo, Montañeiros Celtas

Posted on Updated on

logo_verdeval

Hoxe Venres 17 de Xaneiro, as 8:30 da tarde teremos a presentación do proxecto Verdeval en Vigo, no local dos Montañeiros Celtas, na rúa Camelias nº 78, Oficina K (máis ou menos por fronte do Colexio Labor).

‘ e s p e r á m o s t e!

VERDEVAL EN GONDOMARTV

Posted on

O pasado venres,  día 20, un membro da Comisión xestora foi entrevistado por Gondomartv.

O lugar escollido foi ao pé do petróglifo de “Auga da Laxe”, ou “Pedra das Procesións”, que ao dicir dos expertos é o maior coñecido en canto á representación de armas: espadas, escudos, alabardas, etc.

O fío conductor da entrevista foron unhas preguntas que a calquera que lle falen do proxecto que pretendemos levar adiante, veñenlle á cabeza.

Se queredes acceder a ela este é o enlace.

Presentación do proxecto Verdeval en Vigo

Posted on

O Galiñeiro para a cidadanía de Vigo é un dos seus lugares naturais de expansión. É utilizado como lugar de paseo, práctica de variados deportes, excursións, etc.

Entre as persoas que o utilizan frecuentemente están as aficionadas ao montañismo, e entre elas destacan os membros de Montañeros Celtas, que mesmo teñen un refúxio ao pé do monte, e vías de iniciación á escalada. Igualmente é importante para outras asociación como Pena Trevinca.

Por iso a Comisión promotora do proxecto Verdeval acudirá a senllas reunión convocadas por elas os próximos 17 e 24 de xaneiro para difundir a idea e solicitar a colaboración dos seus membros.

Proxecto Verdeval. Unha iniciativa social de Custodia do Territorio

Posted on Updated on

logo_verdeval

1.- Quen somos?

Somos un grupo heteroxéneo de persoas desde sempre preocupadas pola defensa do medio e patrimonio natural que hoxe queremos manifestar este compromiso mediante una acción distinta ás que temos realizado.

A administración é a responsábel da conservación dos valores naturais e paisaxísticos do territorio, e ata agora noso papel ten sido reivindicativo, demandando e esixindo esas actuación ás administracións correspondentes.

Hoxe somos máis conscientes de que esta tarefa non debe estar limitada aos recursos públicos nin só aos espazos protexidos, sendo necesaria a implicación da sociedade, de nos mesmo como cidadáns, na conservación do patrimonio natural, que é o substrato que da asento e conforma a nosa identidade cultural.

2.- O Noso proxecto.

O noso proxecto, no que queremos que participes, é poñer unha iniciativa de Custodia do Territorio e xestión do medio natural e da paisaxe, comprando unha parcela (de arredor de 1 Ha de extensión) nas abas do Galiñeiro, preto do petróglifo da Auga da Laxe.

Por que esa tomada?. Basicamente porque hai xa máis dun ano soubemos da súa venda, e a partires dese momento e conscientes do grande valor da Serra do Galiñeiro, foi artellándose todo este proxecto que agora comeza a andar publicamente.

3.- Como facelo?

Para comprar e xestionar unha tomada precisamos de dúas ferramentas:

  1.  Unha Fundación que compre a tomada e que garanta a integridade no tempo da mesma así como a pervivencia dos obxectivos de conservación fundacionais (aquí pódense descargar o Proxecto de Estatutos da Fundación).
  2. Unha Asociación que dirixa e posibilite a participación de todas aquelas persoas (os socios e socias da Asociación) que estean interesadas na xestión da mesma con independencia de se participaron ou non na súa compra(aquí pódense descargar o Proxecto de Estatutos da Fundación).

4.- Que necesitamos?

Necesitamos á túa colaboración como persoa que partilla os nosos obxectivos de conservación aportando 300 Euros. Esta achega permitirá a reunión do capital inicial mínimo (30.000 Euros) para constituír unha Fundación.

Se es unha persoa individual, unha Asociación, unha familia ou un grupo de amigos e amigas que queredes formar parte desta iniciativa de Custodia do Territorio e contribuír economicamente á compra da Tomada, agradecemos que ingreses os 300 Euros mediante transferencia bancaria á conta: 2100 5752 62 01 00262402, de “la Caixa”, e que no recibo da transferencia ademais do nome, indiques un correo electrónico para nos facilitar o contacto.

5.- Por que o 15 de Xuño?

Porque sempre hai que poñer una data límite para facer as cousas, e dámonos de prazo ata esa data para reunir o capital necesario para constituír a Fundación, 30.000 Euros.

5.- E despois do 15 de Xuño …… que?

Se reunimos o capital abondo para constituír a Fundación, abriremos as negociacións para a compra da Tomada e rematado este proceso con éxito será o momento da constitución da Asociación con todas as persoas interesadas na participación directa nunha experiencia de xestión, defensa e conservación do medio natural.

E se non se reúne o capital suficiente? Cada un dos aportes realizados se devolverá integramente. Cada unha das persoas ou entidades que aporten os 300 Euros para realizar a compra, recibiran posteriormente ao ingreso bancario, unha carta de compromiso de quen coordina esta iniciativa, co compromiso de devolver integramente o aporte económico no caso de non reunir os cartos necesarios.

E se reunimos o capital suficiente para crear a Fundación pero non se chega a un acordo sobre a compra?. Noso obxectivo de conservación non se focaliza exclusivamente nesta tomada, e de feito contemplamos outras opcións, polo que de non poderse realizar a compra, mantemos a opción da devolución do aporte voluntario, pero tamén se abre a posibilidade de tomar entre todos aqueles que quixeran, unha nova decisión de cara ao futuro.