O sábado 20 de Febreiro tivo lugar a repoboación forestal no Matalagartos de Peitieiros

Imaxe Posted on Updated on

A Comunidade de Montes en Man Común de Peitieiros organizou hoxe sábado día 20  unha plantación de árbores no monte Matalagartos. Dende as 10 da mañá máis de vinte persoas, veciñanza cmonueira e voluntariado de Verdeval, participaron na actividade.

Baixo o lema de “Creando futuro”, a CCMM de Peitieiros realizou a plantación deste ano.

Dende hai anos a CCMM leva imprimindo esforzos na restauración ambiental desta zona procedendo á repoboación forestal con frondosas. Este ano plantou 100 castiñeiros, o 80% para madeira e o 20% para froito. A CCMM pretende deste xeito procurar unha mudanza de especies, crear un cinturón verde de frondosas na parte baixa do monte, aumentando a humidade, previndo incendios e creando solo. Ademais a brigada presente na zona aplicou un bo correctivo á invasión de acacias que invade unha das zonas, eliminando máis de 200 pLombo-do-Roxas_Plant_Feb_06_01és. A acacia é unha invasora foránea moi agresiva xa que prende das raiceiras que quedan, sendo moi dificil de eliminar. A súa retirada é crucial para permitir a repoboación de frondosas que se está a realizar.

 

 

Colaboración de Vedeval

Lombo-do-Roxas_Plant_Feb_06_03

Para esta actividade contouse coa colaboración da asociación de custodia do territorio Verdeval. Recentemente esta entidade ven de propoñer á CCMM de Peitieiros unha actuación ambiental na zona comprendida entre as Chedas e o Curro vello, unha superficie de 9 hectáreas, na que está enclavada a área na que se plantarán os castiñeiros.

A asemblea de comunieiros celebrada hai quince días aprobou a cesión desta superficie para a coxestión ambiental da parcela con Verdeval.

Finalizada a plantación, os responsables de ambas entidades asinaron o convenio de colaboración que sostén esta colaboración e que permitirá ao voluntariado da entidade a colaborar na xestión ambiental desta parcela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s