Latest Event Updates

O sábado 20 de Febreiro tivo lugar a repoboación forestal no Matalagartos de Peitieiros

Imaxe Posted on Updated on

A Comunidade de Montes en Man Común de Peitieiros organizou hoxe sábado día 20  unha plantación de árbores no monte Matalagartos. Dende as 10 da mañá máis de vinte persoas, veciñanza cmonueira e voluntariado de Verdeval, participaron na actividade.

Baixo o lema de “Creando futuro”, a CCMM de Peitieiros realizou a plantación deste ano.

Dende hai anos a CCMM leva imprimindo esforzos na restauración ambiental desta zona procedendo á repoboación forestal con frondosas. Este ano plantou 100 castiñeiros, o 80% para madeira e o 20% para froito. A CCMM pretende deste xeito procurar unha mudanza de especies, crear un cinturón verde de frondosas na parte baixa do monte, aumentando a humidade, previndo incendios e creando solo. Ademais a brigada presente na zona aplicou un bo correctivo á invasión de acacias que invade unha das zonas, eliminando máis de 200 pLombo-do-Roxas_Plant_Feb_06_01és. A acacia é unha invasora foránea moi agresiva xa que prende das raiceiras que quedan, sendo moi dificil de eliminar. A súa retirada é crucial para permitir a repoboación de frondosas que se está a realizar.

 

 

Colaboración de Vedeval

Lombo-do-Roxas_Plant_Feb_06_03

Para esta actividade contouse coa colaboración da asociación de custodia do territorio Verdeval. Recentemente esta entidade ven de propoñer á CCMM de Peitieiros unha actuación ambiental na zona comprendida entre as Chedas e o Curro vello, unha superficie de 9 hectáreas, na que está enclavada a área na que se plantarán os castiñeiros.

A asemblea de comunieiros celebrada hai quince días aprobou a cesión desta superficie para a coxestión ambiental da parcela con Verdeval.

Finalizada a plantación, os responsables de ambas entidades asinaron o convenio de colaboración que sostén esta colaboración e que permitirá ao voluntariado da entidade a colaborar na xestión ambiental desta parcela.

Advertisements

A nosa primeira platación

Posted on

Hoxe, 14 de febreiro, domingo, Verdeval realizou a súa primeira plantación. Foi na parcela da Comunidade de montes de Couso coñecida como Chan da Mamonda, no barrio das Rasas, que en tempos foi un vertedoiro de residuos inertes.

As_Rasas_Plant_Feb_06_08

Desafiando as pésimas condicións metereolóxicas fixemos unha plantación simbólica de trinta e tantas bidueiras que, se todo vai ben, axudarán a mellorar as condicións do solo onde exemplares de carballos e castiñeiros plantados antes pola comunidade de montes non foron adiante, precisamente polas malas características do solo.

A nosa idea é precisamente continuar coa plantación desta especie para mellorar a calidade do solo e para aumentar a biodiversidade de especies vexetais da zona.

Como podedes inmaxinar, acabamos mollados pero inmensamente felices.

Mais unha razón

Posted on Updated on

A Comunidade de montes de Peitieiros (Gondomar) coa que mantemos conversas para asinar un acordo de custodia en dúas parcelas do seu monte, acaba de facernos a proposta de coller unha nova que faría un único conxunto coas anteriores.

Así o Curro Vello e As Chedas quedarían unidas incorporando ao acordo o chamado Lombo dos Roxás que faría de corridor entre ambas.Image26

Nesta nova zona, que ardeu varias veces anos atrás, estanse plantando carballos e outras especies de frondosas. Ademais e grazas aos traballos de ordeación na mesma, achouse un petróglifo.

A potencialidade que adquire así o monte para iniciar un proxecto de divulgación das súas riquezas é enorme. Eis, máis unha razón, que fomenta a ilusión das persoas que conformamos Verdeval e que sen dúbida fará que máis persoas se acheguen ao noso proxecto.

Un novo proxecto de Custodia do Territorio: As Rasas (Gondomar)

Posted on

Outra vez aquí despois dun longo período de silencio, que non de inactividade, para dar conta das novedades acaecidas no Proxecto Verdeval.

Cumprido sin éxito o pIMG_1442razo marcado para levar adiante a compra dunha tomada no Galiñeiro, decidimos cambiar de rumbo. Iniciamos conversas coas Comunidades de montes en man común para ver a posibilidade de establecer convenios de colaboración para xestionar algunha parcela da súa propiedade baixo os criterios de custodia do territorio.

Até hoxe acordamos coa Comunidade Couso a xestión dunha parcela de aproximadamente 7 hectáreas no barrio das Rasas, en Gondomar. Tamén estamos en conversas, que cremos chegarán a dar froito, coa Comunidade de Peitieiros (Gondomar) para xestionar dúas parcelas da súa propiedade.

IMG_1444

Simultáneamente colaboramos coa Comunidade de montes de Couso na realización de traballos de monda e poda de castiñeiros e carballos na Valgada de… eliminando de paso invasoras (acacias).

Agora mesmo estamos nun proceso de realización de catas no solo do Chan da Mamonda, zona que foi utilizada no pasado como vertedoiro de materiais inertes, para valorar a necesidade de plantar especies arbóreas que poidan mellorar a súa calidade e aumentar a biodiversidade.

Sentada esa base e como proxecto de futuro poñeremos o acento na divulgación orientada ás escolas do Val Miñor e a utilización do espazo sobre todo como sendeiro fluvial, ao pasar un río pola súa parte baixa.

Como se pode apreciar, estamos metidos nunha iniciativa que estimamos interesante e ilusionante, para a IMG_1446que compren máis vontades e brazos.

Calquera persoa que queira colaborar fadendose socia (cota 30, 50 ou 70 euros ano) será benvida.

A custodia do territorio na prensa

Posted on

” Espana es uno de los paises de la UE con mayor biodiversidad, pero también con mayor porcentaje de especies amenazadas. Las fincas privadas representan el 45 por ciento del territorio español y en ellas se encuentra el 80 por ciento de los hábitats en los que viven las especies protegidas. ¿Qué pueden hacer sus propietarios para conservar esta riqueza natural?

Así da comenzo un artigo publicado na revista editada pola ONCE, “Perfiles”, do pasado més de Marzo, que fala de varios exemplos de custodia do territorio no Estado Español, e que pódese ler seguindo esta ligazón.

Boas noticias

Posted on

 

Como resultado da presentación do noso proxecto no Club de Montañeiros “Peña Trevinca”, na asemblea que celebraron a finais de febreiro acordaron:

–         O Club suscribirá unha participación no proxecto Verdeval

–         Abrir unha lista para que as persoas asociadas que estean interesadas no proxecto vaian completando lotes de 300 euros para facer as aportacións.

Agradecemoslle ao Club e  aos seus asociados o interese que demostran na iniciativa

Serra do Galiñeiro. Unidade didáctica de Pablo Casal Núñez

Posted on

No link podedes seguir a presentación dun novo recurso para o disfrute da Serra, o pasado xoves 13 de Febreiro en Vincios.

Ver